Convocante
Instituto Galego de Promoción EconómicaPublicación
Diario Oficial de Galicia
Obxecto
Estas axudas teñen como obxecto subvencionar proxectos que promovan a adaptación dos beneficiarios elixibles á situación creada polo COVID-19 mediante a implementación efectiva de tecnoloxías dixitais en calquera das seguintes categorías:
- Sistemas de control de presenza: cámaras, sensores, sistemas de check-in/check-out.
- Sistemas de control de capacidade: cámaras, sensores, sistemas en liña sobre catálogo diario (xestión de citas), xestión de colas.
- Sistemas de control de estado sanitarios: cámaras específicas, pulseiras.
- Sistemas de control de normas de calidade COVID-19.
- Sistemas e aplicacións de xestión baseados en Low code automation.
- Sistemas de catálogos diarios efémeros; sistemas de xestión de pedidos efémeros, comandas.
- Sistemas de cartelaría electrónica para mensaxes a clientela e de emisión de contidos en xeral.
- Sistemas de notificación en móbil; sistemas de xestión de contidos electrónicos para hostalaría (menús, cartas …).ç
- Sistemas de balizas.
- Automatización de procesos regulados, tarefas reguladas, pasos regulados por COVID-19.
- Adaptación da presenza na internet ao efecto do COVID-19, mediante elementos como bots de conversa autónoma, integración de sistemas de comercio básicos, mellora do catálogo de produtos, solucións de atención remota, sistemas pick and go (compra en móbil e recollida en tenda) e outros similares.
- Solucións de conectividade e incorporación do teletraballo. Solucións de mellora da ciberseguridade. De xeito excepcional, outros que poidan axudar á dita adaptación, o cal se motivará na resolución de concesión.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades con centro de traballo en Galicia comprendidas nalgunha das seguintes categorías:
- Microempresas (inclúe autónomos que cumpran a condición de microempresa), que desenvolvan a súa actividade nalgún dos seguintes sectores:
- Hostalaría e turismo
- Comercio polo miúdo
- Transporte
- Perrucaría e estética persoal, tinturarías, servizos de reparación e outros –
- Educación secundaria técnica y profesional
- As seguintes entidades da economía social: sociedades cooperativas galegas, sociedades laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego.
- Entidades do tecido asociativo empresarial e laboral, como poden ser asociacións empresariais, clústers, colexios profesionais ou cámaras.