Convocante

Instituto Galego de Promoción Económica

Publicación

Diario Oficial de Galicia

Obxecto

As axudas teñen por obxecto a posta en marcha das seguintes liñas de préstamos:

  1. para investimentos estratéxicos
  2. para financiar investimentos en infraestruturas de uso compartido e desenvolvemento de proxectos en Galicia por parte de centros tecnolóxicos e asociacións empresariais
  3. para financiar a operativa da industria auxiliar naval
  4. préstamos para financiar a operativa das empresas no contexto actual de incremento xeneralizado do custo das materias primas e da enerxía

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias aquelas empresas que cumpran os seguintes requisitos:

  • Realicen unha iniciativa empresarial nun centro de traballo, obxecto da actuación que se vai financiar, situado na Comunidade Autónoma de Galicia.
  •  Cumpran as condicións establecidas especificamente para a correspondente modalidade de préstamo, conforme os requisitos que se detallan no anexo I das bases reguladoras.
  • Acheguen para a actuación unha contribución financeira mínima do 25 % do custo total, exenta de calquera tipo de apoio público.
Voltar