Convocante
Consellería de Emprego e IgualdadePublicación
Diario Oficial de Galicia
Obxecto
Os premios á cooperación teñen como finalidade fomentar e difundir o cooperativismo, os seus principios e valores, así como recompensar publicamente o labor que as cooperativas veñen realizando a prol do desenvolvemento do movemento ooperativo na Comunidade Autónoma galega.
Outorgaranse os seguintes premios:
- Premio aos valores cooperativos.
- Premio ao mellor proxecto cooperativo novo.
- Premio á traxectoria cooperativa.
Beneficiarios
Poderán optar a estes premios as cooperativas galegas que realizasen un destacado labor no eido do cooperativismo, e será requisito necesario para participar estar ao día nas obrigas rexistrais co Rexistro de Cooperativas de Galicia.