Convocante

Deputación Provincial de Pontevedra

Publicación

Boletín Oficial de Pontevedra

Obxecto

Estas bases teñen por obxecto regular as condicións polas que se rexerá a convocatoria pública, en réxime de concorrencia competitiva, da selección e distribución dun total de 400 bolsas de práctica laboral para persoas con titulación universitaria ou de FP entre empresas privadas, corporacións sectoriais (colexios profesionais, cámaras oficiais, confrarías, comunidades e federacións deportivas) ou organizacións non gobernamentais (asociacións sen ánimo de lucro) da provincia de Pontevedra, coa intención de lles proporcionar experiencia e a práctica profesional necesarias para facilitar a súa inserción laboral.

Beneficiarios

Nesta convocatoria poderán participar todas as empresas privadas, corporacións sectoriais (colexios profesionais, cámaras oficiais, confrarías, comunidades e federacións deportivas) ou organizacións non gobernamentais (asociacións sen ánimo de lucro) da provincia de Pontevedra que reúnan os seguintes requisitos:

  • Dispoñer de capacidade técnica e de xestión suficiente para a execución dos proxectos formativos de práctica laboral solicitados
  • Estar inscritas no rexistro público correspondente
  • Ter a sede social ou centro de traballo na provincia de Pontevedra
  • Asumir o compromiso de non extinguir contratos laborais vixentes da mesma titulación ou do persoal que veña realizando traballos similares aos que levará a cabo a persoa bolseira. Para este efecto poderáselle requirir á empresa ou entidade en calquera momento a documentación acreditativa do cumprimento deste requisito
  • Non despedir de forma improcedente a ningunha persoa traballadora da mesma titulación ou que ocupe un posto similar nos seis meses anteriores á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes
  • Deseñar un proxecto ou programa formativo de práctica laboral por medio do cal as persoas con titulación universitaria e os dos ciclos superiores de FP poidan adquirir competencias para o exercicio de actividades profesionais que faciliten a súa empregabilidade
  • Estar relacionada a súa actividade coas titulacións solicitadas
  • Dispoñer de persoal técnico cualificado que se encargue de exercer as funcións de titoría e asumir a formación práctica da bolseira ou bolseiro
  • Dispor dos medios técnicos necesarios para que a persoa bolseira desempeñe as súas tarefas
Voltar