Convocante
Consellería de Emprego e IgualdadePublicación
Diario Oficial de Galicia
Obxecto
Estas subvencións teñen por obxecto impulsar a creación de novas iniciativas empresariais de base tecnolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia mediante a convocatoria do programa de incentivos ás empresas previamente cualificadas e inscritas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica:
- Subvención á creación directa de emprego estable.
- Subvención para a contratación de persoal técnico de alta cualificación.
- Axuda para o inicio e a posta en marcha da actividade.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas privadas, incluídas as persoas autónomas, con domicilio social, fiscal e centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia, que se constitúan e inicien a súa actividade nun prazo non superior a un ano desde que o proxecto empresarial foi cualificado como IEBT, sempre que a maioría da titularidade da empresa corresponda ás persoas físicas promotoras do proxecto empresarial cualificado como IEBT e se cumpran os requisitos e condicións establecidos nesta orde para cada tipo de axuda.