Convocante
Concello de Santiago de CompostelaPublicación
Boletín Oficial da Coruña
Obxecto
O obxecto destas bases é regular a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para a mellora e innovación do comercio local, no marco do programa “Coidar para mellorar”, correspondentes á anualidade 2022.
Os obxectivos específicos destas axudas, que tratan de impulsar melloras na súa modernización, a través da transformación dixital e sostible e fomentar a cultura da innovación no comercio local como ferramenta fundamental para incrementar a súa resiliencia e competitividade empresarial, son:
- Promover a implantación de tecnoloxías tendentes á transformación dixital do sector comercial.
- Mellorar as condicións físicas dos locais en cuestións relacionadas coa distribución e funcionalidade dos espazos, punto de venda, a accesibilidade, eficiencia enerxética e sostibilidade e o atractivo comercial.
- Dotar os establecementos de equipamento e tecnoloxía que melloren a súa transformación, competitividade e resiliencia.
Beneficiarios
Poderán resultar beneficiarias as persoas físicas ou xurídicas, ou sociedades civís, legalmente constituídas, que cumpran os seguintes requisitos:
- Que sexan persoas empresarias autónomas ou pequenas e medianas empresas de conformidade co previsto no
Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño. - Que o local comercial sobre o que se realice o investimento se atope no municipio de Santiago de Compostela.
- Os requisitos deben cumprise no momento da publicación desta convocatoria no BOP.