Convocante

Axencia Galega de Innovación

Publicación

Diario Oficial de Galicia

Obxecto

Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das axudas da Axencia Galega de Innovación no marco do programa Conecta COVID para proxectos de investigación industrial e desenvolvemento experimental (liña 1) que aborden a investigación relacionada coa COVID-19 para facer fronte á pandemia.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias destas axudas:

  • As empresas pequenas, medianas ou grandes.
  • As agrupacións de empresas  ou organismos de investigación, nos termos previstos no artigo 8.3 da Lei 9/2007, cando realicen proxectos de I+D+i en colaboración.

As entidades beneficiarias deberán ter domicilio social ou un centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver as actividades para as cales se solicita a axuda e contar con capacidade administrativa, financeira e operativa suficiente para a execución da axuda.

Voltar