Convocante

Fundación EOI

Publicación

Diario Oficial de Galicia

Obxecto

Estas axudas de minimis teñen por obxecto o impulso da transformación dixital da industria española a través das empresas industriais.

As axudas en especie obxecto desta convocatoria consisten na recepción dun asesoramento especializado e individualizado que incluirá un diagnóstico da situación de partida da empresa beneficiaria e a elaboración dun plan de transformación dixital. O asesoramento prestarase a través de reunións individualizadas coas empresas beneficiarias e a realización de obradoiros temáticos e demostrativos de apoio ao asesoramento, cun mínimo de 50 horas de asesoramento individualizado.

Beneficiarios

Poderán ter a condición de empresas beneficiarias as empresas que teñan o seu domicilio social ou un centro de traballo en Galicia, calquera que sexa a súa forma xurídica (xa sexan persoas físicas ou xurídicas, asociacións, entidades sen ánimo de lucro, etc.) que, na súa condición de tales, desenvolven ou van desenvolver unha actividade industrial produtiva.

Voltar