Convocante
Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE)Publicación
Diario Oficial de Galicia
Obxecto
O obxectivo destas axudas é facilitar a internacionalización da empresa galega non exportadora ou con escasa internacionalización e apoiar empresas internacionalizadas para que non só non perdan a súa presenza nos mercados exteriores senón que a incrementen, poñendo ao seu alcance axudas financeiras que apoien a súa presenza exterior, ampliando o número de países e a diversificación dos sectores internacionalizados.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios destas axudas as empresas que cumpran os seguintes requisitos:
- Que sexan sociedades mercantís ou outras sociedades con obxecto empresarial, que cumpran a definición de peme.
- Que teñan algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Que estean dadas de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización con informe positivo.
- Que teñan na data de publicación destas bases no DOG e, ata a data de liquidación da axuda destas bases, algún empregado por conta allea en Galicia.