Convocante

Axencia Galega de Innovación

Publicación

Diario Oficial de Galicia

Obxecto

Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das axudas, destinadas ao financiamento das actividades integradas en plans de innovación que lles permitan o fortalecemento naquelas áreas que sexan relevantes para a sistematización e internacionalización dos procesos de innovación da empresa, e estean aliñados coas prioridades establecidas na RIS3 para Galicia.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias destas axudas as microempresas, pequenas e medianas empresas, con domicilio social ou un centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver as actividades para as que se solicita a axuda.

Voltar