Convocante
Fundación EmalcsaPublicación
Boletín Oficial da Coruña
Obxecto
O obxecto desta convocatoria é apoiar economicamente ás entidades culturais na execución de proxectos de Cultura Accesible e Inclusiva na cidade da Coruña atendendo ás diversidades existentes.
Para iso, os proxectos que concorran deberán atender a algún dos seguintes fins:
- Fomentar que as persoas con discapacidade ou en risco de exclusión poidan desenvolver e utilizar o seu potencial creativo, artístico e intelectual, non só no seu propio beneficio senón tamén para o enriquecemento da sociedade.
- Elaborar material ou desenvolver programación e actividades culturais en formatos accesibles e inclusivos.
- Promover o acceso das persoas con discapacidade ou en risco de exclusión á oferta cultural mediante o establecemento de mecanismos de participación, incluídos os tecnolóxicos, ou a facilitación dos recursos de apoio necesarios.
- Eliminar barreiras de acceso a lugares físicos ou virtuais onde se desenvolvan representacións ou servizos culturais tales como teatros, museos, cinemas, bibliotecas, páxinas web ou outros.
Beneficiarios
Entidades privadas e sen fins de lucro, que estean definidas como entidades culturais nos seus estatutos, que teñan a sede social no termo municipal da Coruña e estean inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións Coruñesas (REMAC).