Convocante

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Publicación

Diario Oficial de Galicia

Obxecto

Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e convocar para o ano 2024, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia as axudas do Bono remuda para o fomento do traspaso de negocios por remuda xeracional.

A finalidade desta orde é evitar o peche de negocios por falta de remuda xeracional, ao tempo de se facilita que as persoas interesadas en emprender teñan a posibilidade de recoller a testemuña dun negocio xa viable economicamente.

Os negocios obxecto de remuda deberán ter o domicilio social e fiscal e/ou o centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia e estar inscritos na Bolsa de remuda da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego. Exceptúase do requisito de inscrición na Bolsa de remuda os negocios que foran obxecto de remuda antes da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias do Bono remuda as persoas traballadoras autónomas, as persoas profesionais que estean dadas de alta no RETA, así como as persoas mutualistas, e as sociedades de calquera clase, incluídas as unipersoais e comunidades de bens, con domicilio fiscal en Galicia na data da solicitude, segundo a alta no imposto de actividades económicas ou no censo de obrigados tributarios da Axencia Estatal da Administración Tributaria, modelos 036 ou 037, sempre que cumpran os requisitos reflectidos nestas bases.

Voltar