Convocante

Concello de Silleda

Publicación

Boletín Oficial de Pontevedra

Obxecto

A presente disposición ten por obxecto fixar as bases reguladoras e convocar a concesión, para o ano 2017 do programa de Axudas Municipais para a Creación de Emprego no ámbito do Concello de Silleda coa finalidade de potenciar e colaborar dunha forma activa na xeración de emprego no municipio apoiando a posta en marcha de novos proxectos.

Beneficiarios

Poderán acollerse a estas axudas os/as empresarios/as individuais, autónomos e as pequenas e medianas empresas, independentemente da súa forma xurídica, que iniciasen a súa actividade empresarial entre o 1 Outubro de 2016 e o 31 de decembro de 2017.

Voltar