Convocante

Consellería de Emprego e Igualdade

Publicación

Diario Oficial de Galicia

Obxecto

O obxecto destas axudas é promover a inserción sociolaboral das persoas en situación ou en risco de exclusión social mediante o establecemento de medidas de fomento das empresas de inserción laboral, previamente cualificadas no Rexistro Administrativo de EIL de Galicia, que teñan centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.

A través deste programa establécense os seguintes tipos de axudas para compensar os custos adicionais do emprego de persoas en risco ou situación de exclusión social:

  1. Asistencia técnica para a creación, mellora e diversificación da EIL.
  2. Inicio e posta en marcha da actividade.
  3. Creación e ampliación de novos postos de traballo para persoas en inserción.
  4. Contratación de xerentes ou persoas técnicas de produción necesarias para garantir a viabilidade da EIL.
  5. Contratación de persoas técnicas en orientación e acompañamento á inserción.
  6. Formación para as persoas en proceso de inserción.
  7. Mediación laboral para a inserción no mercado laboral ordinario da persoa en situación ou risco de exclusión social.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades promotoras de empresas de inserción laboral e as empresas de inserción laboral inscritas como tales no Rexistro Administrativo das Empresas de Inserción Laboral de Galicia, de acordo co disposto no Decreto 156/2007, do 19 de xullo, que regula o procedemento para a cualificación das empresas de inserción laboral e que teñan o centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nas bases reguladoras.

Tamén poderán solicitar e ser beneficiarias das axudas aquelas empresas que na data de presentación da solicitude da axuda solicitasen a súa cualificación como EIL, de conformidade co Decreto 156/2007.

Voltar