Convocante
Instituto Galego de Promoción EconómicaPublicación
Diario Oficial de Galicia
Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e o seu obxecto é apoiar a posta en marcha de proxectos de creación de centros dixitais na provincia da Coruña que contribúan a nivel empresarial ou local a mellorar a dixitalización dos procesos empresariais distribuídos, contorno das empresas e os consumidores e a modernizar e desenvolver a base industrial.
Deben axustarse a algunha das seguintes tipoloxías:
- Tipoloxía 1. O centro dixital estará localizado na provincia da Coruña e promovido e explotado por unha peme para a monitorización, xestión, vixilancia, comando, control, etc. de xeito remoto, dos seus activos, infraestruturas, vehículos ou instalacións.
- Tipoloxía 2. O centro dixital promovido e explotado por unha peme galega, no ámbito xeográfico da provincia da Coruña, para facilitar o desenvolvemento e uso de sistemas de monitorización, xestión, vixilancia, comando, control, etc. de xeito remoto, de activos, infraestruturas, vehículos ou instalacións; destinado de xeito aberto a que sexan utilizadas por terceiros para as súas necesidades e aplicación.
Beneficiarios
Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas as pemes, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, que adopten a forma xurídica de sociedade limitada ou sociedade anónima, preexistentes ou que se constitúan especificamente para a explotación do centro dixital proposto, e que cumpran os seguintes requisitos:
- Que proxecten levar a cabo un investimento nunha infraestrutura (centro dixital) subvencionable na provincia da Coruña.
- Que acheguen para o proxecto de infraestrutura unha contribución financeira exenta de calquera tipo de apoio público de, polo menos, un 20 % para proxectos da tipoloxía 2 e un 25 % para proxectos da tipoloxía 1, dos investimentos subvencionables, sexa mediante recursos propios ou mediante financiamento externo.