Algalia acompañará a ASPANAES, Asociación de Pais de Persoas con Trastorno do Espectro Autista da Provincia da Coruña que promove oportunidades e apoio especializado a estas persoas e as súas familias, no proceso de monetización do valor social que xera a súa actividade, e que verá a luz a finais de ano.

Algalia é membro de GEAccounting, unha AIE de sen ánimo de lucro cuxa misión é promover a contabilidade social como forma de visibilizar e xestionar o valor social xerado polas organizacións como ASPANAES. Para iso, conta cunha metodoloxía propia desenvolvida por un grupo de investigación universitario e aplicada en máis de 150 entidades de moi diversa natureza e sector de actividade.

Ademais, ALGALIA acompañará tamén a ASPANAES no seu proceso de reflexión estratéxica, que contribuirá, entre outras cousas, a: Asegurar a sustentabilidade da entidade social e orientar ao seu desenvolvemento futuro; sensibilizar ás persoas implicadas no proxecto organizacional sobre os retos que se lles presentan de forma inmediata para defender os dereitos das persoas con trastornos do espectro do autismo e do desenvolvemento e as súas familias; promover a converxencia de visións particulares dos participantes cara a unha visión común e compartida e, por último, a propiciar a participación asociativa e o traballo en equipo

Voltar