Recentemente publicouse a Consulta Vinculante V2891-18, de 8 de Novembro de 2018 por parte da Secretaría Xeral de Impostos sobre o Consumo.

Nesta consulta trátase de achegar certeza ao mundo da validez das facturas que non están en papel, é dicir, as que están en formato electrónico.

En xeral, a normativa de facturación indica que as facturas –tanto para quen as emite como para quen as recibe- deben garantir a autenticidade do seu orixe, a integridade do seu contido e a súa lexibilidade, desde a data de expedición e durante todo o período de conservación.

De feito, tanto si se gardan as facturas en papel como en formato electrónico os contribuíntes temos a obriga de garantir todas estas características durante todo o período de prescrición.

A maior parte das entidades e organizacións vanse involucrando en procesos de dixitalización, ben de maneira obrigada –porque os seus provedores ou clientes os van implantando- ou ben de maneira voluntaria. En todo caso, o fan.

Esta consulta ten como relevante que aborda o método máis habitual que se está a empregar que é que a factura teña un formato pdf.

Concretamente aborda que para que unha factura poida ser considerada como factura electrónica debe ser expedida e recibida en formato electrónico  e concretamente en pdf –non todos os formatos electrónicos pódense considerar «factura electrónica»-, con independencia de que non teña sido firmada dixitalmente polo emisor.

Debe garantirse que as facturas documenten operacións reais e que estas non teñan sido modificadas ou manipuladas. Ademais, os documentos conservados por medios electrónicos deberán ser xestionados e conservados por medios que garantan un acceso en liña aos datos así como a súa carga remota e utilización por parte da Administración tributaria ante calquera solicitude desta e sen demora inxustificada. Nestes casos, xa non existe a obriga de conservar unha copia en formato papel das facturas recibidas electronicamente, ou das recibidas en papel que teñan sido obxecto de dixitación para a súa conservación por medios electrónicos.

En definitiva: as facturas recibidas en pdf cumpren os requisitos para considerarse facturas electrónicas. Corresponden á entidade cumprir o resto de requisitos indicados na normativa fiscal –autenticidade das operacións, integridade dos documentos, lexibilidade, …-.

Jorge Rodríguez Malingre
Responsable de  Asesoría de Algalia Servizos para a Economía Social

Voltar