Hai un ano, o 31 de xaneiro do 2020, nós, Algalia, cumpríamos o noso 25 aniversario.
Con moita ilusión comunicámolo e tiñamos unha chea de actividades nas que queríamos celebrar con vós dita data … e, entón, pasou -e segue a pasar- o que nos ten con tanta preocupación.
Aínda así, un ano despois, queremos trasladar ás entidades da Economía Social que confiastes en Algalia que o mellor de nós, o que máis nos gusta, son os vosos sonos cando se converten en realidades.
Algunhas destas realidades son:
- As entidades galegas que confiastes en nós os servizos económicos e xurídicos durante o 2019 xerastes un volume de ingresos de máis de 116 millóns de euros o que supón o 0,2% do PIB galego e, aproximadamente, un 2% do PIB da Economía Social galega.
- As persoas traballadoras das entidades que confiastes en nós os servizos sociolaborais en Galicia durante o 2019 foron máis de 2.300 o que supón o 0,2% de tódalas persoas contratadas en Galicia.
- E o máis importante é que tódalas entidades que confiastes en nós servizos de asesoría e consultaría en 2018 e 2019 atendestes a case 470.000 persoas de xeito directo e 1.470.000 máis de xeito indirecto en todo o Estado.
A pesares deste mal ano, compre felicitarvos pola vosa traxectoria, por seguir estando aí cando máis se vos necesita, polo voso compromiso e agarimo constante coas persoas, que nós observamos sempre.
GRAZAS por deixarnos acompañarvos e pola confianza que depositastes en nós.