A Xunta de Galicia lanza unha nova edición do programa  Aprol Economía Social polo que outorga, por unha banda, apoios directos ás cooperativas e sociedades laborais e, por outra banda, ás persoas desempregadas (socias ou traballadoras destas entidades ou de empresas que se transformen nelas).

A convocatoria, aberta desde xaneiro ata o 30 de setembro de 2022, cifra en 6.000 euros a contía básica da axuda en cada unha das liñas, con incrementos do 25% de concorrer circunstancias de dificultade de acceso ao mercado laboral, como a condición de ser muller ou maior de 45 anos ou a situación en contornas rurais.

A Xunta destinou en 2021 máis de 4,6 millóns de euros a fomentar o emprendemento en cooperativas e sociedades laborais cun total de 474 axudas concedidas no marco deste programa  Aprol Economía Social. Por provincias, Pontevedra aglutinou 265 das axudas concedidas, seguida da Coruña (con 129), Ourense (52) e Lugo (28).

Con esta iniciativa o Goberno galego, a través da Consellería de Emprego e Igualdade, dinamiza un sector que demostrou enorme resiliencia #ante circunstancias económicas adversas, de creación de emprego estable e de calidade, de vinculación co territorio e de mellora do benestar social.

Voltar