Reproducimos polo seu interese, a comunicación que emitiu a Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Emprego, e que poderiades recibir a través dos vosos correos electrónicos. Por se non foi así, e dado o atraso na tramitación e pago das prestacións unha vez foron autorizados os expedientes de Forza Maior, con resolución expresa ou silencio administrativo positivo por parte da Autoridade Laboral galega, facémonos eco da noticia.
Podedes descargar AQUÍ a Orde publicada hoxe no DOG nº80 na que se regula o procedemento e apróbase o modelo de comunicación dos anticipos regulados no Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e diversas entidades financeiras.
Servizo Laboral Algalia.