Que detectamos no ámbito contable e fiscal nas últimas semanas desta situación de crise pola CoVid-19?

Fundamentalmente, o mércores 27 de maio, publicouse o RDL 19/2020, polo que se clarifican cuestións como o Imposto sobre Sociedades 2019.

Ademais, neste período, aclaráronse algunhas cuestións relativas a deducións dos donativos de persoas físicas, contas anuais e memorias de centros especiais de emprego.

Podes acceder ao desenvolvemento deste boletín descargando o seguinte documento.

Aproveitamos este boletín para lembrar que na web de Algalia están a disposición todos os boletíns que xeramos durante esta crise para explicar aspectos contables, fiscais, xurídicos e laborais de interese para as organizacións.

Ademais, diariamente, elaboramos dúas ferramentas en Excel para facilitar o acceso tanto a normativa relacionada coa crise como a recursos de interese nesta situación tan complexa.

Servizo económico de Algalia

Voltar