O 29 de xullo de 2025 publicouse no BOE a Real Decreto/Lei 9/2025 polo que se amplía o permiso de nacemento e coidado, transponiendo a Directiva 2019/1158 do Parlamento Europeo e do Consello, do 20 de xuño de 2019, relativa á conciliación da vida familiar e a vida profesional dos proxenitores e os coidadores, e cuxo prazo de transposición venceu o 2 de agosto de 2024.

Desde o 31 de xullo increméntase unha semana a prestación de nacemento e coidado do menor ata un total de 17 semanas (igual duración en ámbolos dous proxenitores) e 28 no suposto de familias monoparentais, durante os 12 primeiros meses do bebé, ou en caso de adopción, garda ou acollemento familiar no primeiro ano a partir da resolución xudicial ou administrativa.

Ademais, poderán gozar tamén de dúas novas semanas adicionais de permiso para o coidado de menor e catro no caso de familias monoparentais, dentro dos 8 anos de idade do fillo ou filla. A este permiso parental poderanse acoller retroactivamente as familias cuxos fillos nacesen a partir do 2 de agosto de 2024 (data límite para a retribución de permisos da Directiva 1158/2019) e que poderán solicitar desde o 1 de xaneiro de 2026.

Tras a ampliación, a distribución de semanas queda desta maneira:

  • 6 semanas ininterrompidas a partir do nacemento ou adopción de carácter obrigatorio.
  • 11 semanas a libre disposición, dentro dos primeiros 12 meses de idade do menor.
  • 2 semanas para o coidado de menor que poderán utilizarse ata que este cumpra 8 anos

No caso de familias monoparentais, a distribución sería desta maneira:

  • 6 semanas ininterrompidas a partir do nacemento ou adopción.
  • 22 semanas a libre disposición que poderán gozarse dentro dos primeiros 12 meses de idade do menor
  • 4 semanas para o coidado do fillo/filla que poderán utilizarse ata que este cumpra 8 anos.

Cando entra en vigor a ampliación do permiso por nacemento?

A Real Decreto-Lei de ampliación do permiso de maternidade e paternidade entra en vigor o 31 de xullo de 2025. Para poder utilizar estes permisos debes comunicalo á empresa polo menos con 15 días de anticipación. Salvo as semanas de carácter obrigatorio, o resto poderás utilizalas a xornada completa ou parcial.

Que ocorre co permiso parental de 8 semanas?

Non se aborda neste R.D. polo que continúa sen modificacións e, por tanto, a persoa traballadora conta cun permiso non retribuído de ata 8 semanas para coidados de fillo/filla menor de 8 anos. Este permiso, desde a súa aprobación en 2023, ten o carácter de non remunerado.

Cambia o importe da prestación por nacemento?

Non hai cambios. A prestación da Seguridade Social por maternidade ou paternidade, con carácter xeral, consiste nun subsidio equivalente ao 100% da base reguladora correspondente, que se calcula sobre a base de cotización por continxencias comúns do mes inmediatamente anterior ao mes previo ao do feito causante. Existen particularidades para traballadoras a tempo parcial, en formación, e para supostos de parto múltiple, así como un subsidio non contributivo para quen non alcancen o período mínimo de cotización, cuxa contía é o 100% do IPREM vixente.

Algún incentivo para os empregadores?

Non hai novidades. Actualmente as bonificacións por substitución en supostos de maternidade foron modificadas a partir do 1-9-2023. Consiste nunha cantidade fixa de 366 €/mes durante o período en que se superpoñan o contrato de substitución e a respectiva prestación, aplicable a contratos de substitución celebrados con persoas desempregadas menores de 30 anos para substituír a traballadores en descanso por nacemento e coidado de menor, risco durante o embarazo ou lactación, ou exercicio corresponsable do coidado do lactante. Esta bonificación tamén se aplica á cotización do traballador substituído.

Marta Armada. Responsable do Servizo Laboral de Algalia

Voltar