Aliados corporativos
Socias
Coop57 é unha cooperativa de servizos financeiros que promove a economía social e solidaria financiando os proxectos dos seus asociados.
A presenza de Algalia nesta organización explícase desde o apoio á creación de espazos financeiros que esten rexidos polos valores e principios da economía social.
Membros do Consello Reitor
Espazo coop Unión de Cooperativas de Galicia, que agrupa o sector de cooperativas en Galicia.
O noso compromiso con esta organización está motivado pola nosa aposta polos valores e principios da economía social e a convicción da necesidade de realizar incidencia política a través das entidades representativas da economía social.
Socias
Fiare Banca Ética, é unha cooperativa de servizos financeiros que promove a economía social e solidaria financiando os proxectos dos seus asociados.
A presenza de Algalia nesta organización explícase desde o apoio á creación de espazos financeiros que esten rexidos polos valores e principios da economía social.
Aliados de negocio
Socias
AECA Asociación Española de Contabilidad e Administración de empresas, asume como nova área de estudo e investigación todos os aspectos relacionados coa contabilidade das Entidades sen fins lucrativos.
Algalia pertence á comisión de entidades non lucrativas desde o ano 2012 e participa de forma activa na difusión de coñecemento sobre a contabilidade neste sector.
Alianza estratéxica
Expert Coop é un selo que agrupa a diversas asesorías cooperativas e que se agrupan contorna a ese selo como garantía de especialización, coñecemento e saber facer no asesoramento a cooperativas.
Alianza estratéxica
Fundación EDE é unha organización de Euskadi, que persegue o desenvolvemento social, cultural e educativo a través da implementación de programas de formación e orientación para profesionais e voluntariado. Tamén ofrece consultoría e apoio técnico a entidades, entre outros servizos.
Fundación EDE e Algalia manteñen unha estreita alianza no marco de programas en Liderado e Desenvolvemento de Equipos, que conxugan formación e coaching e que se caracterizan por un alto impacto transformador.
Alianza estratéxica
LKS S. Coop é unha cooperativa de consultoría que pertence á Corporación Mondragón.
Algalia aposta por unha sólida alianza coa liña de estratexia de LKS co fin de transferir modelos metodolóxicos de Reflexión estratéxica ás entidades de economía social nos ámbitos sociais, educativos e culturais.
Alianza estratéxica
Landin Informática é un distribuidor de productos software de xestión de A3.
A3 e Landí Informática xuntan forzas con Algalia para ofrecer aplicacións informáticas adaptadas ao Terceiro Sector e que sexan realmente instrumentos efectivos que permitan mellorar a eficiencia nos departamentos de administración e fornecer información para a toma de decisións.
Alianza estratéxica
Imatia SL é unha empresa de desenvolvemento, que creou a tecnoloxía Ontimize, que permite a creación áxil de aplicacións en código aberto.
Algalia mantén unha alianza con Imatia para o desenvolvemento e distribución de software de xestión para centros de discapacidade, +INTEGRA.
Membros da Xunta Directiva
GEAccounting é unha agrupación de interese económico sen ánimo de lucro, que pretende crear unha comunidade de persoas interesadas na contabilidade social.
Naceu co propósito de facer chegar ao maior número de organizacións a Metodoloxía desenvolta polo Grupo de Investigación ECRI, grazas á cal é posible calcular o valor global xerado por calquera tipo de entidade.
Membros da Xunta Directiva
Asociación DHO constitúe un grupo de persoas firmemente comprometido coa mellora e o progreso social e cunha clara vocación de servizo á comunidade.
Un dos obxectivos fundamentais da Asociación é apoiar ás persoas e equipos que traballan a favor do desenvolvemento das organizacións, contribuíndo así a construír unha sociedade mellor.