Como viñemos informando en diferentes ocasións a normativa en xeral obriga, cada vez máis, ás persoas que teñen responsabilidades directivas en entidades a coñecela, aplicala e en caso de cometer actos contrarios á lei ter que asumir consecuencias, polo menos civís -de carácter patrimonial: abonar danos-.
Isto non se refire soamente ao caso das empresas senón que inclúe, tamén, aos membros de órganos de dirección de entidades sen fins de lucro, como os padroados nas fundacións, as xuntas directivas en asociacións e os directores ou xerentes en xeral deste tipo de entidades.
Coñecedores desta situación, e como Algalia mantén desde fai máis de quince anos unha alianza coa Correduría Sabucedo Asesores, parécenos relevante lembrar a capacidade desta empresa para analizar casos específicos, partindo da súa especialización no tema que se pode concretar en produtos adaptados que cobren a responsabilidade civil segundo condicións.
Como sempre, nesta alianza, Algalia busca conseguir o obxectivo de que os nosos clientes poidan cumprir facilmente as obrigacións e cubrir o patrimonio persoal co asesoramento e medios específicos desenvolvidos por esta empresa especializada.
Jorge Rodríguez
Socio Responsable da área de Asesoría de Algalia Servizos para o Terceiro Sector