tool labPromover un cambio radical nos modelos organizativos e de xestión das entidades sen ánimo de lucro que prestan servizos a persoas con discapacidade. Este é o obxectivo principal de “TooL Lab: Think Tank de transformación da Economía social dos máis vulnerables”, do que forma parte Algalia xunto a otras nove organizacións do ámbito social en catro comunidades autónomas: Galicia, Canarias, Illas Baleares e País Vasco.

Baixo o liderado da asociación SAN XEROME EMILIANI de A Guarda (Pontevedra), TooL Lab é un proxecto colaborativo no que participan sete centros de atención especializada á discapacidade intelectual (SAN XEROME EMILIANI, ADISLAN, AMIPA, APROSCOM, ASPABER, EVD-GALICIA de Mos y Crecente), aos que se suman dous proveedores de servizos de consultoría para entidades da economía social (Algalia y la Fundación EDE) e a asociación empresarial galega da discapacidade IN-RED. O proxecto conta tamén coa colaboración da Fundación AMADIP-ESMENT de Baleares. Cun orzamento de 510.000 €,  esta iniciativa foi financiada polo Ministerio de Traballo e Economía Social con fondos NextGenerationEU na última convocatoria do PERTE da Economía Social.

TooL Lab nace en resposta á necesidade de definir un novo paradigma organizativo para as entidades do ámbito da discapacidade, que permita combinar a profesionalización do sector co mantemento da súa misión social e o desenvolvemento de relacións laborais baseadas na autonomía e autoxestión dos equipos e o benestar das persoas traballadoras. Con este obxectivo, a Rede TooL Lab proponse como un laboratorio (think tank) de estudo, análise, exploración e experimentación conxunta de cinco metodoloxías e ferramentas innovadoras de management: o paradigma TEAL, a metodoloxía AGILE, a TEORÍA U, a Sociocracia e Holocracia e a Comunicación Non Violenta.

As actividades prevén sesións de exploración e aprendizaxe conxunto entre os membros da Rede sobre cada unha das metodoloxías, sesións de formación presencial con facilitadores e expertos e sesións de aprendizaxe vivencial con entidades precursoras no País Vasco, en Cantabria, en Galicia e nas Illas Baleares.

A primeira das sesións de aprendizaxe vivencial celebrouse do 11 ao 13 de setembro en Bilbao e Santander, a través da visita á Fundación EDE e ao Grupo de restauración DeLuz, pioneiro na implementación do Paradigma TEAL en España, coa participación de máis de 35 profesionais dos membros da agrupación. As actividades proseguirán con tres xornadas de experimentación e difusión, que se celebrarán do 4 ao 6 de outubro na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, abertas a membros da agrupación do proxecto e a outras entidades da economía social que queiran sumarse á Rede TooL Lab.

Voltar