Algalia participa en PRAXXISDesde Algalia, Servizos para o terceiro sector, queremos comunicar, que estamos a participar no Programa de Asistencia Técnica e Consultoría para o deseño de Proxectos de Emprendimiento Sustentable, a nivel estatal, que promove a FSC-Inserta e cuxa finalidade é impulsar a inserción laboral das persoas con discapacidade.

Algalia, está integrada dentro da rede territorial, que compuxo PRAXXIS, como adxudicataria do programa.

Este programa enmárcase no Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social (POISES), e no l Programa Operativo de Emprego Xuvenil, de ámbito plurirregional e correspondente ao período de programación 2014-2020.

As principais actuacións de Algalia, neste proxecto serán:

  • A avaliación do Modelo de Negocio: na que analizaremos e valoraremos a madurez do modelo de negocio (proposta de valor, fundamentos, clientes, recursos, compromiso..), prestando asesoramento sobre os puntos a mellorar ou reorientar, e decidir a continuidade do proceso.
  • A valoración do modelo Triplo Balance e viabilidade Económica-Financeira: fase na que analizaremos a sustentabilidade e impactos do proxecto, tanto social, ecolóxico como económico, e que do resultado desta fase e da decisión do/o EMPRENDEDOR/A tras o asesoramento recibido, decidirase a continuidade ou non na seguinte fase.
  • O apoio ao lanzamento e posta en marcha, debendo valorar, pola tipoloxía e alcance do proxecto, a prestación do servizo concreto a ofrecer e a súa duración.

Estamos moi satisfeitos de participar, e estamos seguros que será unha boa experiencia onde envorquemos a nosa experiencia á vez que podamos seguir aprendendo.

Celso Gándara
Xerente de Algalia Servizos para o Terceiro Sector

 

Voltar