Algalia ofrecerá formación para axudar ás entidades para cumprir coa nova normativa denominada de forma coloquial como “VeriFactu”, que entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2026 para entidades xurídicas e o 1 de xullo de 2026 para persoas físicas (autónomos).
Esta normativa (Lei 11/2021, RD 1007/2023 e RD 254/2025) establece que as entidades contribuíntes no Imposto de Sociedades que utilicen programas de facturación deberán cumprir cos requisitos de seguridade e rastrexabilidade das facturas. Estes programas deben ser seguros, non permitir a modificación de facturas unha vez emitidas e manter os datos blindados #ante terceiros e con capacidade de ser entregados á Axencia Tributaria nuns formatos preestablecidos.
Algalia deseñou un plan de formación, que levará a cabo a partir de outubro, co obxectivo de preparar ás entidades para a implementación desta normativa. As fases desta formación inclúen:
- Determinación das obrigacións concretas por tipos de entidades respecto a a lei.
- Proposta de adaptación á lei segundo a situación de cada tipo.
- Formación en aspectos relevantes da facturación.
A implementación da normativa “VeriFactu” terá un impacto significativo nas entidades, xa que deberán adaptar os seus sistemas de facturación para cumprir cos novos requisitos de seguridade e rastrexabilidade. Isto implicará un investimento en tecnoloxía e formación, pero tamén proporcionará beneficios a longo prazo ao mellorar a transparencia e a eficiencia na xestión das facturas.
Desde outubro, o Servizo Económico de Algalia poñerase ao dispor dos seus clientes para guiarlles neste novo reto con estas sesións de formación.