Nunha firme aposta pola innovación dixital iniciada en 2021, Algalia S. Coop. Galega confiou no binomio empresarial formado por Pronamic Enxeñeiros e ACPP para dar un paso máis na súa dixitalización mediante asesoramento especializado en Intelixencia Artificial (IA) aplicada aos seus procesos de negocio cotiáns, preparando ao equipo para unha adopción eficaz de ferramentas dixitais avanzadas no curto e medio prazo.
A proposta enmárcase no programa gobernamental Kit Consulting, xestionado por Red.es, que financia servizos de asesoramento en transformación dixital para pemes. O seu obxectivo é identificar áreas de mellora nos procesos empresariais actuais e definir un plan de mellora adaptado ao negocio en áreas crave, facendo uso de técnicas de intelixencia artificial e realizando un caso de uso piloto.
Os fitos desenvolvidos dende novembro de 2025 ata este mes de xaneiro foron:
- Diagnose inicial de procesos: Análise focalizada da situación dixital dos procesos crave de Algalia, identificando brechas e oportunidades de mellora mediante metodoloxía participativa.
- Implicación do persoal e cultura innovadora: Sesións formativas participativas (12-15h) para fomentar comprensión, compromiso e cultura de innovación no equipo.
- Recomendacións e plan de mellora: Propostas concretas para dixitalizar e automatizar procesos mediante ferramentas de automatización e IA, con métricas clave para avaliar impacto.
- Casos de uso piloto: Desenvolvemento dun ou dous casos de uso conceptuais enfocados en procesos críticos.
Nas 12 semanas de duración do programa, o persoal de Algalia estivo asesorado por un equipo multidisciplinar con ampla experiencia tanto en transformación dixital de pemes como no sector de economía social:
- José M. Ruibérriz de Torres López. Consultor Senior e Responsable de Formación (ACPP), encargarase do deseño e impartición da formación en IA xenerativa.
- Javier Trasfogueiro Pitel. Consultor Tecnolóxico Principal de Pronamic Enxeñeiros, quen realizará a presentación de tecnoloxías emerxentes e liderado en deseño de pilotos conceptuais, ademais de prestar apoio técnico en formación especializada.
- Juan Manuel Macías Gómez. Coordinador Xeral e Consultor en Transformación Dixital (Pronamic Enxeñeiros), quen se encargará da coordinación xeral do proxecto, aseguramento de calidade de entregables e elaboración da folla de roteiro estratéxico.
A alianza Pronamic – ACPP combina especialización tecnolóxica con coñecemento profundo do sector da economía social, reflectido nos seus proxectos anteriores, como o desenvolvemento de NexoONG, plataforma ERP integral para organizacións non lucrativas e cooperativas, que integra xestión de proxectos, voluntariado, socios e xustificación económica, ou a participación en Innosocial (PERTE de Economía Social e dos Coidados), á vangarda da innovación social a nivel nacional.
Afrontando a súa fase final, a entidade se atopa xa no estudo e desenvolvemento da súa estratexia IA para 2026. Este novo reto supón para Algalia unha clara oportunidade de automatización mediante IA e a incorporación de novas tecnoloxías para gañar eficiencia e reducir carga operativa, así como optimizar procesos internos e potenciar a súa oferta de servizos, o que redundará positivamente nos seus máis de 250 clientes.