Por terceiro ano consecutivo Algalia, Servizos para o terceiro sector, vai desenvolver o Programa de Asistencia Técnica e Consultoría para o deseño de Proxectos de Emprendimiento Sustentable, a nivel galego, que promove FSC-Inserta e cuxa finalidade é impulsar a inserción laboral das persoas con discapacidade.

Este programa enmárcase no Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social (POISES), e no l Programa Operativo de Emprego Xuvenil, de ámbito plurirrexional e correspondente ao período de programación 2014-2020 cofinanciados pola Fundación ONCE e o FSE.

As principais liñas a desenvolver pola consultoría de Algalia no apoio ós emprendedores son as seguintes:

  • Asistencia técnica para o deseño e seguimento de proxectos de emprendemento sostible: esta liña ten dous ámbitos de actuación. Dunha banda os consultores de Algalia acompañarán ós emprendedores no deseño do seu proxecto de emprendemento partindo do deseño do modelo de negocio para rematar na elaboración do Plan de Negocio. Doutra banda, apoiando a emprendedores que pasen por momentos de dificultade ou queiran reconfigurar o seu negocio mediante a revisión e seguimento do proxecto.
  • Dinamización, participación e xeración de espazos: mediante a organización de foros, encontros entre emprendedores, charlas e presenza en espazos de emprendemento co obxectivo de fomentar o talante emprendedor nas persoas con discapacidade.
  • Formación en dinamización de proxectos de emprendemento sostible: apoiando ós técnicos de Inserta mediante a actualización de coñecementos, ferramentas e formación en promoción e captación do talento emprendedor en persoas con discapacidade.

Nos programas anteriores Algalia ten acompañado a máis de dezasete proxectos de emprendemento que posibilitaron o autoemprego de máis de vinte persoas e a xeración doutros postos de traballo en réxime de contratación en diversos sectores de actividade (seguros, produción agrícola e marítima, turismo, ocio e tempo libre …).

Esperamos que esta edición sexa aínda máis frutífera que as dúas anteriores e aproveitamos dende aquí para agradecer a FSC Inserta a confianza depositada en Algalia para apoiar ós proxectos de emprendemento social que se desenvolvan dende a organización e poder colaborar deste xeito a unha sociedade máis inclusiva, xusta e solidaria.

Ángel Rodríguez
Socio Consultor Económico de Algalia Servizos para a Economía Social

Voltar