Algalia e Imatia, presentaron o software +INTEGRA na "I xornada das boas prácticas en tecnoloxía para a inclusión social"

Algalia e Imatia Innovation, presentaron o pasado día 23 de novembro a aplicación +INTEGRA, no marco da “I Xornada de boas prácticas en tecnoloxía para a inclusión social” organizadas pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), adscrita á Presidencia da Xunta de Galicia.

Co obxectivo de amosar diferentes boas prácticas relacionadas con esta materia, organizouse esta xornada, para contribuír ao coñecemento da realidade social, e ao prantexamento da utilidade e da idoneidade das TIC como complemento e solución a determinados problemas sociais.

Neste marco presentamos +INTEGRA, como unha solución deseñada dende os profesionais e para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade. Esta aplicación facilita o proceso de planificación da mellora da calidade de vida da intervención (Plan individual o Planificación Centrada en la Persona) e integra procesos, coñecementos, equipos, comunicacións dunha forma fácil, sinxela e intuitiva.

Celso Gándara
Xerente de Algalia Servizos para o Terceiro Sector

Voltar