Outubro foi o mes elixido polo Servizo Económico de Algalia para impartir formación sobre a nova normativa denominada de forma coloquial e comercial como “VeriFactu”, que entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2026 para entidades xurídicas e o 1 de xullo de 2026 para persoas físicas (autónomos).

Foron un total de dez formacións ás que asistiron unha media de vinte persoas por sesión. Na parte explicativa, de 45 minutos de duración, os aspectos máis relevantes que se trataron foron:

  1. Cambios normativos en facturación e Verifactu: Co obxectivo de impedir a fraude fiscal mediante a adaptación obrigatoria dos programas de facturación, afectando tanto a provedores como a contribuíntes.
  2. Implantación da factura electrónica: Anticipouse que, tras a adaptación actual, prevese a implantación obrigatoria da factura electrónica entre empresarios e profesionais nun ou dous anos, o que implicará novos cambios nos sistemas de facturación.
  3. Funcionamento técnico de Verifactu e Non Verifactu: Diferenzas entre o sistema Verifactu, que transmite automaticamente os rexistros de facturación á Axencia Tributaria, e o sistema Non Verifactu, onde a información consérvase localmente e só entrégase a Facenda se é requirida.
  4. Requisitos e excepcións para entidades sen ánimo de lucro: Detalláronse os casos nos que as asociacións e fundacións poden estar exentas da normativa, dependendo da súa acollida á Lei 49/2002 e do tipo e volume de actividades económicas realizadas.
  5. Opcións de cumprimento e adaptación de programas: Alternativas para cumprir a normativa, como o uso da versión web da Axencia Tributaria, Word ou Excel, e a importancia de verificar que os programas de facturación estean adaptados e certificados polos provedores.
  6. Implicacións prácticas e recomendacións para a implantación: Ofrecéronse recomendacións prácticas para a implantación da normativa, insistindo na importancia de coñecer o Regulamento de Facturación, probar os programas antes do 1 de xaneiro e coordinarse coas asesorías para resolver dúbidas e evitar problemas na transición.

Trala exposición teórica deuse paso á rolda de preguntas, onde as inquedanzas máis comúns foron consultas sobre a obrigatoriedade desta adaptación segundo a entidade ou que tipo de cambios supoñeríalles na súa operativa habitual de facturación, por exemplo, que non se poderá cambiar a data dunha factura emitida, senón que deberá realizarse unha rectificativa posterior. En definitiva, como se verán afectados os procesos de facturación.

A iniciativa de Algalia foi acollida con éxito por parte dos clientes e non se descarta novas sesións a medida que se achegue a data de implantación. A implementación da normativa “VeriFactu” implicará un investimento en tecnoloxía e formación, pero tamén proporcionará beneficios a longo prazo ao mellorar a transparencia e a eficiencia na xestión das facturas.

Se queres ver un avance da formación, pica aquí

 

Voltar