A norma ISO 9001:2015 publicouse o pasado 23 de setembro de 2015. Agora é necesario comezar cos traballos de transición, que non é unha tarefa fácil.
A nova ISO 9001 2015 trae cambios moi importantes, aínda que o máis destacado é a incorporación da xestión do risco ou o enfoque baseado en riscos nos Sistemas de Xestión da Calidade. Aínda que é unha técnica normalmente aplicada nas organizacións até agora non estaba aliñada co SGC.
A norma ISO 9001 versión 2015 xa pode ser implantada nunha organización, aínda que existe un período de transición de 3 anos especialmente relevante para aquelas que teñan un certificado vixente baixo ISO 9001:2008.
A modo de ideas forza, os principais cambios aos cales teremos que someter aos nosos sistemas de calidade son;
- Maior impacto en “negocio” . É un dos seus obxectivos principais. E a este fin van encamiñados moitos destes cambios e novidades.
- Enfoque baseado no risco. Unha das súas grandes novidades. Significa que cada organización debe definir o impacto que os procesos teñen na conformidade dos produtos e servizos.
- Enfoque baseado en procesos. Todas as actividades da organización son procesos interrelacionados encamiñados a alcanzar uns obxectivos definidos.
- Énfase no liderado. Maior importancia do líder para implicar a todo o persoal de forma que a responsabilidade non recaia só nunha persoa.
- Compromiso da Alta Dirección. A nova norma eleva o nivel de esixencia e compromiso da Alta Dirección, que debe ter unha participación moito máis activa.
- «Servizos e produtos». Saliéntanse os servizos para deixar claro que a norma se aplica na súa totalidade ao sector Servizos, que se está sendo cada vez máis importante.
- «Subministracións e servizos externos». Máis atención aos controis aos provedores externos e á subministración externa de produtos e servizos.
- Cambio na estrutura. As normas ISO unifícanse para ter unha estrutura única denominada «Estrutura de Alto Nivel». Esta está baseada no ciclo PDCA cuxas etapas son: planificar, facer, verificar e actuar.
- Simplificación da linguaxe. A linguaxe e estilo de redacción son máis sinxelos para axudar á comprensión e á interpretación coherente dos requisitos.
- Unha norma menos prescriptiva. Xa que contén requisitos específicos menos explícitos que nas versións anteriores.
A recado que estes cambios axudarán, a mellorar o noso sistema de calidade.
David Pereiro
Socio Responsable del Área de Consultoria de Algalia Servicios para el Tercer Sector