Actualización do Ontimize +Integra

Xa está dispoñible unha nova actualización do Ontimize+Integra para aqueles clientes que teñen contratado o servizo de mantemento ou están en proceso de implantación. A actualización nas entidades realizarase a partir do 1 de outubro.

Con esta nova actualización, soluciónanse problemas menores incorporando melloras que fan máis agradable e funcional a experiencia de uso.

As melloras contidas na nova actualización son;

  • Mellora no rendemento do programa. Xestor de servizos – cliente e cálculo das horas das incidencias)
  • Ampliación da funcionalidade do configurador de permisos que permite a configuración de permisos a nivel de columna das táboas dos formularios, ademais de establecer por perfís a restrición de eliminar documentos do xestor documental
  • Nova configuración de alarmas de incidencias de cliente, o que permite estar informado de todo o relacionado coa incidencia sen necesidade de conectarse ao ontimize +integra.
  • Creación de novos tipos de alarmas predefinidas
  • Actualización tecnolóxica do programa (actualización versión de java)
  • Permitir a anulación de tipos e subtipos de incidencias de profesionais.
  • Agrupación de horarios por servizo e/ou profesional dentro de horarios que posibilite unha mellor visualización dos mesmos.
  • Incorporación dos informes predefinidos Farmacoloxía e Plan de formación.
  • Dispoñibilidade dos informes predefinidos en galego.
  • Melloras no proceso de xestión da biblioteca de obxectivos
    • Posibilidade de realizar unha importación masiva de obxectivos e actividades
    • Posibilidade de clasificar os obxectivos en función de:
      • Dimensións da calidade de vida
      • Servizos
      • Habilidades adaptativas

Os erros que se emendaron son os seguintes;

  • Inclusión da columna activo no listado de clientes PDI
  • Mostrar as horas do horario no informe á carta dos servizos dos clientes
  • Mostrar a hora de administración do fármaco no listado de administración farmacolóxica con formato hora
  • A columna da hora de administración do informe de administración farmacolóxica pasa a ser formato hora.
  • Inclúese o responsable dunha farmacoloxía no listado “Informe administración farmacolóxica”
  • Amplíase o tamaño das actividades no informe do plan individual.
  • Eméndase o erro polo que as alarmas xerábanse para traballadores de baixa.
  • Corríxese o erro que motivaba a non posibilidade de gardar o motivo de abandono dun obxectivo e/ou actividade dentro do plan individual
  • Corríxese o erro polo que o acceso aos avisos a partir do popup non vinculaba.
  • Corríxese o erro polo que aparecían campos non traducidos
  • Eméndase o erro que non permitía a consulta de acompañamentos pendentes.

Miguel Barbosa
Socio responsable da área de Consultoría de Algalia Servizos para o Terceiro Sector

Voltar