VIRADA é o referente no que ALGALIA, en colaboración con outras entidades, agrupa as súas propostas formativas de acompañamento a persoas, equipos e organizacións.

Presentámosvos a nova web de referencia de VIRADA, pica aquí, na que explicamos a través de breves vídeos os nosos enfoques, comunicamos as nosas iniciativas e compartimos a experiencia de persoas e organizacións que confiaron no noso acompañamento.

A web conta con catro apartados, que actualmente configuran a proposta VIRADA:

  1. VIRADA Liderado. Programa para o desenvolvemento do liderado en persoas con responsabilidades de dirección ou coordinación.
  2. VIRADA Equipos. Programa para o fortalecemento de equipos.
  3. Coaching, para o acompañamento de persoas e tamén de equipos.
  4. Novas. Artigos e noticias sobre liderado e desenvolvemento de persoas, equipos e organizacións.

Neste novo paso da proposta VIRADA queremos dar as grazas ás preto de 30 organizacións, e tamén persoas particulares, que confiaron en ALGALIA para ser acompañadas no seu desenvolvemento e transformación.

Se podemos serche de axuda a ti ou ao teu equipo ou organización, estamos a túa disposición. Falamos?

 

David Pereiro. Responsable de VIRADA.

 

Voltar