O propósito de VIRADA para o desenvolvemento do liderado (VIRADA Liderado) é contribuír a que persoas con responsabilidades directivas ou de coordinación de equipos, responsabilidades en exercicio ou futuras, adquiran competencias estratéxicas, interpersoais e persoais que as capaciten para o desenvolvemento dun liderado máis efectivo.
Preto de 45 entidades e 130 persoas de economía social confiaron en VIRADA Liderado para contribuír ao desenvolvemento das súas líderes. Persoas particulares tamén teñen o seu lugar neste espazo de formación.
As actividades principais que estruturan o programa son:
- Encontros presenciais outdoor.
- Talleres de contido sobre liderado.
- Coaching persoal.
- Proxecto de Impacto Organizacional.
VIRADA Liderado é herdeiro e continuación en Galicia do Programa de liderazgo desenvolvido desde o ano 2009 en Euskadi pola Escola de Liderado e Emprendemento de EDE Fundazioa.
Tanto VIRADA Liderado, como o Programa de liderado de EDE Fundazioa, forman parte dun itinerario formativo que se desenvolve en coordinación coa Mondragon Unibertsitatea (Universidade de Mondragón) e que culmina cun Máster en coaching de personas y equipos.
Máis información
- Consulta toda a información sobre o programa
Dossier do Programa VIRADA LIDERADO 2025
Inscrición
- Ata o 14 de febreiro de 2025
Formulario de Inscrición