Para esta conversa contaremos coa participación de:
- Sara Rodríguez, enfermeira no Hospital Cruz Vermella Española. Xixón. Enlace web.
- Eva Ramal, profesora no IES Alpujarra. Granada. Enlace web.
- Oihana Martitegi educadora social en Bidegintza CIS- GEK. Bilbao. Enlace web.
Pechará a conversa:
- Asier Gallastegi, consultor sistémico, formador e coach. Bilbao. Enlace web.
Inscríbete picando no logo:
O sábado 6 de xuño de 2020 a Asociación para o Desenvolvemento Humano e Organizacional (DHO) convidou o psicólogo social Guillermo Fouce a iniciar unha conversa para o Desenvolvemento Organizacional (DO) que titulou A gramática do medo. Como opera o medo nas persoas e organizacións.
Na conversa, Guillermo Fouce achegou a súa visión sobre esta emoción, describiu as súas características e dimensións, e apuntou claves para axudar á súa xestión.