Convocante

Concello de Pontevedra

Publicación

Boletín Oficial de Pontevedra

Obxecto

A presente convocatoria ten por obxecto regular o procedemento da concesión de subvencións en réxime de libre concorrencia para fomentar a práctica deportiva e a participación en competicións oficiais na tempada 2018/2019 das entidades deportivas do Concello de Pontevedra, para contribuír a consecución dun ou varios dos obxectivos previstos polo Concello de Pontevedra en canto ás actividades deportivas se refire.

Beneficiarios

Poderán solicitar as subvencións reguladas na presente convocatoria as asociacións e entidades deportivas privadas, validamente constituídas sen ánimo de lucro, adaptadas as disposicións da Lei 3/2012, de 2 de abril, do deporte de Galicia, que teñan o seu domicilio social no Concello de Pontevedra, que participen en competicións deportivas oficiais (entendendo por oficiais as competicións deportivas organizadas polas entidades federativas responsables das mesmas, agás naqueles casos que as federacións ou asociacións non as organicen) e se atopen debidamente inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións e no Rexistro de Entidades Deportivas da Xunta de Galicia.

Voltar