O mércores 10 de xuño, publicouse o RDL /2020, do 9 de xuño, de medidas urxentes de prevención, contención e coordinación para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

obxectivo xeral desta norma é compasar o proceso final de desescalada e establecer medidas que poidan permanecer na contorna da “nova normalidade”.

Neste boletín queremos centrarnos exclusivamente nun punto, o que se refire ao mantemento de medidas para o goberno de organizacións, medidas que foron adoptadas nos momentos máis duros da crise sanitaria (especificamente co RDL 8/2020 e o RDL 11/2020) e que, agora, previo re- styling manteranse ata final de 20200.

Non podemos obviar que hai moitos contidos importantes nesta norma como o uso de máscaras, a organización dos centros de traballo, dos centros educativos e sociais, etc., polo que recomendamos a súa lectura íntegra.

 

Sesións de órganos de gobierno

No RDL 8/2020 permitiuse, nos momentos máis duros da crise sanitaria, que os órganos de goberno e administración das entidades xurídicas (de asociacións, de sociedades civís e mercantís, consello reitor das sociedades cooperativas e padroado de fundacións) puidesen realizar as súas reunións mediante vídeoconferencia mentres durase o estado de alarma.

No RDL 11/2020 mellorouse a redacción permitindo ademais a realización mediante conferencia telefónica múltiple para os casos anteriores e permitiuse tamén a realización de xuntas ou asembleas de asociados ou de socios por vídeo ou por conferencia telefónica múltiple. Ademais facilitouse a toma de acordos por escrito sen sesión.

Neste RDL 21/2020, o lexislador entende que manter estas facilidades, tras a coñecida data na que finalizará o estado de alarma é unha medida conveniente para facilitar a xestión das entidades xurídicas e minimizar o risco sanitario, así, na Disposición Final Cuarta deste RDL 21/2020 mantéñense todas as medidas anteriores ata o 31 de decembro de 2020.

Aproveitamos este boletín para lembrar que na web de Algalia están a disposición todos os boletíns que xeramos durante esta crise para explicar aspectos contables, fiscais, xurídicos e laborais de interese para as organizacións.

Ademais, diariamente, elaboramos dúas ferramentas en Excel para facilitar o acceso tanto a normativa relacionada coa crise como a recursos de interese nesta situación tan complexa.

Servizo económico e xurídico de Algalia

Voltar