Hai poucos días a Asociación para o Desenvolvemento Humano e Organizacional (DHO) convidou o psicólogo social Guillermo Fouce a iniciar unha conversación para o Desenvolvemento Organizacional (DO) que titulou A gramática do medo. Como opera o medo nas persoas e organizacións.

Na conversación, Guillermo Fouce achegou a súa visión sobre esta emoción, describiu as súas características e dimensións, e apuntou claves para axudar á súa xestión. A continuación, ofrecemos un resumo da súa exposición.

Se queres escoitar a exposición e a conversación a que deu lugar, ao final engadimos o vínculo á gravación, cortesía da Asociación DHO. Graciñas, pola iniciativa e compartir a actividade! Reserva uns minutos, non teñas medo, é máis que recomendable!

 

 

Pecha os ollos e pensa no medo… Cando o nomeamos, non podemos deixar de pensar nel! O mundo vira en torno ao medo, creando un marco no que nos desenvolvemos.

O medo é unha emoción fundamental do ser humano. É unha arma sumamente poderosa, e tamén sumamente perigosa. Ao nomear o medo, todos pensamos nel.

Nos movementos sociais, nas organizacións, ten poder quen define os conceptos. A clave é quen define, quen fai o marco de interpretación da realidade, e o marco dominante de interpretación no que nos movemos é o medo. Isto fai que se estableza tamén un marco de respostas dentro dese marco.

Que é o medo?

O medo é o marco lingüístico en que nos estamos movendo na sociedade e organizacións. É un medo global. Pero, que é o medo?

É unha emoción fundamental que contribúe a asegurar a nosa supervivencia, fainos ser seres humanos, fainos progresar como especie. É aquilo que se activa no noso interior emocionalmente para avisarnos dunha ameaza que temos diante. Se non tivésemos medo teriamos un problema.

Esta emoción básica, universal, está no noso cerebro reptiliano e únenos a todos os animais. Permítenos reaccionar antes as ameazas con condutas diversas:

  • Fuxida.
  • Ataque.
  • Paralización.

É tamén unha reacción cultural. O medo está cheo de interpretacións, de expresións. Está cargado de tradicións e de historia. Nestas dúas últimas utilizouse como arma para o mal e bo goberno. Tamén como instrumento para a xestión organizacional.

De que depende de que o medo sexa bo ou malo?

Depende de se a ameaza que temos diante é real ou construída. De se ese medo mantense no tempo ou non. Aquí diferenciámonos dos animais: somos quen de construír medos, imaxinalos, mantelos no tempo. Aquí inflúe a tradición, costume, relixións, cultura, historia, rumores, contos… que se nos transmiten.

Por exemplo, ás veces esforzámonos por facer que os nenos vivan sen medo, e é preciso que aprendan a manexar o propio medo. Para iso, hai que permitirse telo. O medo ten unha expresión individual dentro dun marco de interpretación social.

Como é o medo no que vivimos?

Se o medo é o marco de linguaxe dominante hoxe en día, debemos de ver que tipo de medo é o que caracteriza este marco.

  • Zygmunt Bauman fala de medo líquido.
    Non sabemos ben a que temos medo, pero témolo. Os medos van relevándose e conectándose. Non sabemos como responder a eles, non temos un plan de acción.
    Exemplo: prima de risco, economía, terrorismo… O relevante é que teñamos ese medo permanente: vacas tolas, efecto 2000, ántrax… O relevante non é o que temos diante, senón o sentirnos permanentemente ameazados.
  • Eduardo Galeano fala de medo global, xeneralizado. O medo vén de calquera lugar do planeta.
  • Naomi Klein fala de La doctrina del shock. Ver documental.
    O medo fai que aceptemos cousas que non aceptariamos noutras circunstancias e utilízase para construír valores, para propor un estilo de vida neoliberal.
    Milton Friedman fala do “medo como unha oportunidade”, pero para que? En estado de shock é máis fácil incorporar unha serie de medidas: recortes de liberdade e dereitos.
    Exemplos: inundacións en Oklahoma, para privatizar servizos públicos; tsunami en Sri Lanka, para asfaltar de hoteis as zonas costeiras; 11M, para recortar algunhas liberdades… FAES publicou un texto en que falaba de “combater a empatía”. Nese texto defendíase que cada cal se manexase individualmente para saír adiante.

Estando asustados é doado ternos divididos. Isto explícase no documental da BBC El poder de las pesadillas. Ver documental. Isto está a operar no mundo laboral: ter medo a non ter traballo ou a perder o traballo. O medo utilízase como arma de dominación.

O medo é unha arma poderosa para construír un marco constante de incerteza. Isto ten efectos secundarios importantes, polo que é preciso combater o medo como estrutura e forma de xestión.

 

 

Como se constrúe o medo en que vivimos?

  • Usando datos etéreos, cuestións xenéricas.
  • Usando imaxes impactantes, ás veces manipuladas, que apelan ao emocional. Hai que combater o medo desde a emoción. Desde a razón non se conseguen os mesmos resultados.
  • Polarizando, xerando grupos en conflito que rivalizan por algo. Para construír eses grupos, sésgase a información: nós, bos; eles, malos. É moi eficaz e difícil de desmontar pola súa simplicidade. No mundo organizacional, “a miña empresa é a boa, e eles son os malos”.
    Donald Trump, como presentador dun programa de televisión, falaba de que na vida só se pode ser unha destas dúas cousas: gañadores ou perdedores.
    Exemplos de individualismo, que combaten a empatía: Sindicatos Unipersoais; novas xeracións de dereitos humanos (dereito á propiedade); o pobre, parado, é responsable da súa situación, independentemente do contexto.
  • Chibos expiatorios. Etiquetaxe de persoas ou colectivos que cuestionan ese marco imperante.

¿Cómo responder ante este desafío?

Cabe hacer algo. Siguiendo a Naomi Klein:

  • Preguntarnos a quién beneficia el miedo. ¿Quién está detrás?
  • El miedo tiene un efecto de saturación. Nos cansamos de tener miedo, aunque tarda.
  • Tener un plan de acción. Encontrar un sentido y cómo enfrentarse a ello.
  • Activar emociones contrarias al miedo: empatía, alegría… Cortocircuitan el mecanismo de funcionamiento del miedo.
  • Enfrentarse al miedo cara a cara, al igual que se enfrentan las fobias.

¿Cómo combatir el miedo organizacional, el que se da en organizaciones tóxicas?

Saber a quién beneficia, establecer un plan de acción y alentar emociones positivas.

Ejemplos de acciones para combatir el miedo: estudios sobre el precariado en el mercado laboral, donde el miedo a perder el trabajo es muy potente; la propagación de rumores que estimulan el miedo.

Para terminar, Eduardo Galeano. Su poema El miedo global

 

Los que trabajan tienen miedo de perder el trabajo.

Y los que no trabajan tienen miedo de no encontrar nunca trabajo.

Quien no tiene miedo al hambre, tiene miedo a la comida.

Los automovilistas tienen miedo a caminar y los peatones tienen miedo de ser atropellados.

La democracia tiene miedo de recordar y el lenguaje tiene miedo de decir.

Los civiles tienen miedo a los militares. Los militares tienen miedo a la falta de armas.

Las armas tienen miedo a la falta de guerra.

Es el tiempo del miedo.

Miedo de la mujer a la violencia del hombre y miedo del hombre a la mujer sin miedo.

Miedo a los ladrones y miedo a la policía.

Miedo a la puerta sin cerradura.

Al tiempo sin relojes.

Al niño sin televisión.

Miedo a la noche sin pastillas para dormir y a la mañana sin pastillas para despertar.

Miedo a la soledad y miedo a la multitud.

Miedo a lo que fue.

Miedo a lo que será.

Miedo de morir.

Miedo de vivir.

 

 

Equipo VIRADA. Ander, Itzi, Celso, Begoña y David.

Voltar

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


The reCAPTCHA verification period has expired. Please reload the page.