Queremos informarlles que detectamos envíos de comunicacións por correo electrónico no que suplantando á AEAT, solicítanse datos bancarios ou persoais ou se indica que se descargue unha declaración tributaria.
Estas comunicacións son moi perigosas para os sistemas informáticos da súa organización debido a que poden encriptar a súa información ou dar o acceso a información persoal ou bancaria de relevancia.
A Axencia Tributaria insiste en que:
- Nunca solicita por correo electrónico información confidencial, económica ou persoal, números de conta nin números de tarxeta dos contribuíntes.
- Nunca realiza devolucións a tarxetas de crédito ou débito.
- Nunca cobra importe algún polos servizos que presta.
Ademais podemos confirmarlles que, no caso de que a AEAT realmente quera enviarlle un mail remitiralle o seu buzón electrónico para acceder a notificacións ou comunicados de relevancia, nunca a terceiras páxinas polo que o máis sensato é dubidar destas comunicacións.
É especialmente relevante ser cautos en momentos tan sensibles como este en o que, os propios cibercriminales, aproveitan a preocupación de todos por atender ás comunicacións da administración tributaria.
Aproveitamos este boletín para lembrar que na web están a disposición todos os boletíns que xeramos durante esta crise para explicar aspectos contables, fiscais, xurídicos e laborais de interese para as organizacións.
Ademais, diariamente, elaboramos dúas ferramentas en Excel para facilitar o acceso tanto a normativa relacionada coa crise como a recursos de interese nesta situación tan complexa.
Servizo económico de Algalia