O 31 de xaneiro de hai 25 anos era número 1 dos 40 unha tal Madonna con Take a bow. Non o lembras porque eras moi nova…
No 1995 pasaron moitas cousas: o lanzamento do Windows 95, a inauguración de Port Aventura… e algunha máis que non recolle nin a Wikipedia ni a Galipedia: en Vigo constituíase unha comunidade de bens, Algalia Asesoría C.B, que foi a semente da que cinco anos despois agromou ALGALIA S.Coop.Galega.
Alí estaban traballando Ángel, Jorge e Rafa; e Fran, Suso, Tuco e Xosé Antón colaborando económica e ocasionalmente na prestación de servizos. Graciñas, rapaces!
Ao final dese primeiro ano ALGALIA contaba coa confianza de 10 clientes. O primeiro, o máis atrevido, foi o Colectivo Galego do Menor. Graciñas, valentes! A facturación alcanzou a astronómica cifra de 13.010,87 €. Que duro foi aquilo!
Hoxe ALGALIA conta con 27 profesionais que serven a 297 clientes. ALUME Saúde Mental de Lugo, é a última en chegar, benvida! E en 2019 a facturación chegou a 990.881,64 €. Non está nada mal, non? Que duro está sendo isto!
O mellor de nós son os propósitos das entidades ás que temos o privilexio de acompañar para que sexan máis fortes. Graciñas pola vosa confianza!
O mellor das nosas clientas son as súas arelas de mudar o mundo, de facer unha vida máis digna para todas. Graciñas polo voso compromiso!
Temos claro que estamos ACOMPAÑANDO ÁS QUE MELLORAN O MUNDO de forma organizada e estamos encantadas de realizar este traballo.
Grazas, moitas grazas, por estes 25 anos!
Consello Reitor de ALGALIA S.Coop.Galega
David, Fran e Rafa.
Agora, veña eses 5, 10, 15, 20, 25! A celebrar!
Irémosvos invitando a compartir a nosa alegría con diversas actividades que programamos para estes primeiros 6 meses do ano. Contarémosvos!
Queredes vernos? Aquí vai un vídeo…
En breve compartiremos outro un pouco máis extenso para botar unhas risas…
Estamos de cumpre! Yupi!