Convocante
Consellería de Economía, Emprego e IndustriaPublicación
Diario Oficial de Galicia
Obxecto
Esta orde ten por finalidade o establecemento das bases reguladoras, das axudas e subvencións ás entidades que presten servizos de orientación laboral para o emprego e asistencia para o autoemprego, articulados en itinerarios personalizados para o emprego e dirixidos a mellorar as posibilidades de ocupación das persoas demandantes de emprego inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia, a través da contratación de persoal técnico de orientación laboral.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarias das subvencións previstas na presente orde:
- As entidades locais, coa excepción das entidades de ámbito territorial provincial, ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a unha das anteriores, cuxa titularidade corresponda integramente a ela, sempre que por si soas ou asociadas entre concellos limítrofes teñan unha media de paro rexistrado no ano 2019 superior a 350 persoas ou formen parte dunha agrupación que comprenda, cando menos, tres concellos limítrofes galegos (ou dous no caso de que un deles proceda da fusión de concellos).
- As confederacións e asociacións empresariais e sindicais de Galicia e as fundacións delas dependentes con experiencia na realización de accións de orientación laboral.
- As entidades sen ánimo de lucro especializadas en atención a persoas con discapacidade, así como aquelas entidades que teñan por obxecto a atención a un colectivo específico de persoas en determinadas situacións de exclusión social (por razóns étnicas, adiccións, exreclusos, etc.) que realicen accións de orientación laboral de acordo co previsto nestas bases reguladoras.
- As entidades sen ánimo de lucro non incluídas no punto anterior, que teñan entre as súas finalidades a atención a colectivos de persoas en risco ou situación de vulnerabilidade ou exclusión social que realicen accións de orientación laboral de acordo co previsto nestas bases reguladoras.