Hoxe querémosvos comunicar unha inciativa, que dende Algalia, consideramos estratéxica para o sector e da que merece moito a pena irse empapando. Trátase do valor social das nosas organizacións.

Todas as entidades pertencentes a economía social, solemos incorporar nos nosos discursos, como feito diferencial fronte as empresas mercantís, que aportamos un valor social. Pois ben, a ferramenta que trata de cuantificar o valor social chámase “Contabilidade Social” ou tamén “Monetarización do valor social das organizacións”.

GEAccounting é a organización estatal que se encarga de velar por mellorar a metodoloxía de cálculo do valor social, xurde dun equipo de investigación da Universidade de Deusto, liderado polo catedrático Jose Luís Retolaza, que implementou con éxito esta metodoloxía en numerosas asociacións, fundacións, centros especiais de emprego así como cooperativas.

GEAccounting, organiza tódolos anos un congreso sobre esta materia, e nesta ocasión da man de COGAMI, organízase en Galicia os días 21 e 22 de novembro en Santiago de Compostela.

Dende Algalia comezamos a implementar este tipo de servizo en alianza con LKS Coop e GEAccounting e vos animamos a que podades participar neste congreso para coñecer de primeira man a importancia estratéxica que pode ter esta ferramenta no posicionamento da vosa organización.

Para ter máis información e inscribirvos picar neste enlace.

Celso Gándara
Xerente de Algalia Servizos para a Economía Social

 

 

Voltar