Hoxe facémonos eco, doutra iniciativa que pode ser de interese para o sector da economía social, como son fórmulas de financiamento.

Neste caso Caixabank organiza unha xornada onde a través dunha ponencia marco sobre “O futuro da empresa social: 6 claves para o éxito” nos ofrecerán claves nos distintos momentos do ciclo de vida dunha empresa social, para lograr ser sostible. A ponencia será impartida por Andrés Martínez e Vicente Martínez, Presidente e Director Xeral do Grupo de Entidades Sociais CECAP

Ademais aproveitarase a oportunidade para presentar unha nova liña de financiamento pensada para aquelas entidades e empresas cuxo obxectivo é xerar un impacto social positivo.

A información e forma de inscribirse están na invitación adxunta. Agardamos que vos poda ser de utilidade.

Celso Gándara Carnero
Xerente de Algalia Servizos para a Economía Social

Voltar