A nave chegou de novo a porto despois da singradura que comezou o 22 de febreiro de 2019. As 12 persoas participantes, de 9 organizacións distintas, relatan que VIRADA contribúe a potenciar as súas competencias para o liderado persoal, de equipo e organizacional. Misión cumprida para a III Edición de VIRADA Liderado!

Con esta III Edición, 45 persoas con responsabilidades presentes ou futuras de dirección, xerencia ou coordinación de equipos en entidades de economía social, organizacións non lucrativas ou empresas, completaron o Programa VIRADA Liderado dende o seu inicio en 2017.

Pertencen a 21 organizacións distintas que confiaron na proposta de cambio que ofrece ALGALIA en colaboración con Fundación EDE, colaboradora de ALGALIA para o desenvolvemento do liderado.

Con VIRADA Liderado queremos facilitar que as persoas participantes adquiran competencias estratéxicas, interpersoais e persoais que as capaciten para o exercicio dun liderado máis efectivo que contribúa ao desenvolvemento das súas organizacións.

E agora que?

Pois máis VIRADA Liderado! A IV Edición comezará en febreiro de 2020 e finalizará en xuño do mesmo ano.

E para os que xa coñecen a experiencia, VIRADA Profundización. Máis información premendo aquí.

Estás considerando participar nalgunha das nosas propostas? Podes contactar con David Pereiro en [email protected], 986 37 95 87 ou 687 87 94 14.

David Pereiro
Socio Consultor en  Algalia. 
 Responsable  do Programa VIRADA Liderado

Voltar