O pasado pasado día 18 de xuño, celebramos na Cidade da Cultura, o obradoiro de innovación de equipos, que impartiu Eduardo Escobes de la Fundación EDE

Cunha mirada eminentemente practica, puidemos  entrar no enfoque tanto do art  of Hosting, así como no do  Agile, e experimentar como estas son facilitadoras nos nosos equipos de ser poderosas aliadas á hora de enfocarnos á tarefa.

Todo equipo  debe manexar dúas distincións, a relación e a tarefa e estas deben ser equilibradas para ser e funcionar como  un verdadeiro equipo.

Se co art  of Hosting e o  agile centrámonos en como podemos ser mais eficaces á hora de definir e  executar a tarefa, desde o programa Virada ocupámonos en traballar distincións vinculadas directamente á relación, debido a que, unha sen a outra  os nosos equipos  seguiran sendo disfuncionais.

Seguiremos ocupándonos e  afondando, en facer aos nosos equipos os motores  das nosas organización..

Miguel Barbosa
Socio Responsable  de Consultoría de Algalia Servizos para a Economía Social

Voltar