Promovido pola Asociación Inserta Emprego, o pasado día 20 de xuño, tivemos a honra de organizar o primeiro Foro por Talento Emprende Galicia, dirixido a persoas emprendedoras con discapacidade no ámbito galego e celebrado en Santiago de Compostela.
Concibido como un espazo de encontro, os máis de 80 asistentes, puideron compartir experiencias e conectarse con outros emprendedores.
Da man de Dani Diéguez, Pablo Lopez e Javier Megias, ilustráronnos de como está a cambiar o mundo do traballo e do emprendemento coa industria 4.0 e como podemos aproveitar esta transformación ademais do márketing dixital, e todo aquilo que quixemos saber e que ninguén nos contou antes de ser emprendedores.
Espero e desexo de que este sexa o primeiro foro de moitos, e que podamos seguir contribuíndo a apoiar ao emprendemento galego.
Miguel Barbosa
Socio Responsable de Consultoría de Algalia Servizos para a Economía Social