ALGALIA afonda no acompañamento ás persoas con responsabilidades de dirección e coordinación de equipos con VIRADA PROFUNDIZACIÓN, formación realizada en colaboración con Fundación EDE e Mondragón Unibertsitatea.

Entre o 24 de setembro e o 20 de novembro de 2019 as persoas participantes nas edicións 2017, 2018 e 2019 de VIRADA Liderado poderán completar a súa formación e estar en condicións de acceder ao Máster en Coaching de Persoas e Equipos

En se mesmo, o curso ten o valor de afondar nas competencias adquiridas no programa de liderado, pechando desta maneira un ciclo de formación orientado ao desenvolvemento do exercicio do liderado nas organizacións. Por tanto, pódese realizar o curso sen que necesariamente se vaia a continuar co Master.

Este curso contempla as seguintes accións:

  • ENCONTROS PRESENCIAIS: 2 encontros de 2 días de estancia cada un en Caldaria Arnoia.
  • COMUNIDADES DE APRENDIZAXE: 2 comunidades, cada unha de 4 horas de duración, en localizacións a determinar polas persoas participantes.
  • COACHING PERSOAL: 2 sesións a realizar onde acorden participante e coach.
  • TRABALLO A DISTANCIA: 2 prácticas tutorizadas.

Para máis información, pica aquí

Para apuntarte, pica aquí

Estás a considerar participar? Podes contactar con David Pereiro:

David Pereiro
Socio Consultor en Algalia, Responsable Programa Virada

Voltar