Algalia S. Coop. Galega ven de contratar o subministro eléctrico dos seus 4 locais con Nosa Enerxía S. Coop. Galega

Dende a aprobación en febreiro de 2018 do documento de Principios Cooperativos de ALGALIA S.COOP.GALEGA. se lle deu estrutura, impulso e coherencia co noso modelo cooperativo a un conxunto de iniciativas que viñamos desenvolvendo e a outras que imos incorporando.

Para que unha reflexión sobre o tipo de consumo eléctrico que realizábamos?

Actualmente vivimos nunha sociedade na que os principais produtores de enerxía son os combustibles fósil, e polo tanto, fontes de enerxía non renovable que contaminan, degradan e destrúen o medio ambiente no que vivimos.

Parece evidente que se vai chegar a unha situación na que as fontes de enerxía non renovable non van cubrir as necesidades básicas de enerxía das persoas, polo que é preciso un cambio xeneralizado dende as enerxías non renovables cara á eficiencia enerxética e as enerxías renovables.

A proposta de valor que nos ofrece Nosa Enerxía S. Coop. Galega, aposta por un novo modelo de xestión enerxética, onde as enerxías renovables, a eficiencia enerxética, a promoción da economía local, a transparencia e a xestión democrática sexan as bases deste novo modelo. Estes elementos están aliñados cos nosos principios cooperativos fundamentalmente nos relativos a intercooperación, transformación social e carácter universal.

Quen son Nosa Enerxía S. Coop. Galega?

Nosa Enerxía nace como a primeira cooperativa de consumo e usuarios galega e sen ánimo de lucro, que ten por obxecto a comercialización da enerxía eléctrica de orixe renovable certificado, apostando pola sostenibilidade enerxética e por unha xestión transparente.

A longo prazo, a cooperativa tamén ten como obxectivo a promoción de proxectos de xeración de enerxía renovable de maneira distribuída, como outro dos pasos para conseguir un modelo enerxético 100% renovable. O noso funcionamento está baseado no modelo cooperativo xestionada de maneira democrática, onde todas as persoas cooperan para evolucionar cara a unha sociedade máis equitativa e sostible.

Dende Algalia estamos apostando por unha compra responsable, como fórmula para desenvolver os nosos principios cooperativos, engadindo a preferencia pola economía social os criterios habituais de proposta de valor e prezo. Estamos convencidos que é unha das formas de desenvolver o sector da economía social.

Celso Gándara
Xerente de Algalia Servizos para a Economía Social

 

 

Voltar