ALGALIA S. COOP. GALEGA subscribe os obxectivos propostos polos movementos feministas que chaman á folga este 8 de marzo, Día Internacional da Muller.
Sumámonos ao chamamento que fai a Unión de Cooperativas ESPAZOCOOP ao sector da economía social do noso país e queremos ser coherentes cos Principios Cooperativos de ALGALIA S.COOP. GALEGA, nos que manifestamos a nosa vontade de desenvolver unha transformación social solidaria que contribúa á edificación dunha sociedade galega máis libre, xusta e solidaria.
Con esta folga, os movementos feministas queren pór en evidencia que sen mulleres se para un país e denunciar a violencia machista e o sistema patriarcal, evidenciar as cargas que soportan e xerar alternativas feministas. Polo tanto, a folga realizarase en catro vertentes: de emprego, de estudantes, de coidado e de consumo.
Animámosvos a reflexionar sobre iso e a situarvos respecto á chamada que fan os movementos feministas.
Consello Reitor
ALGALIA S. COOP. GALEGA